Firme ante os humildes

PONTEVEDRA. O Pontevedra segue co seu camiño entre humildes cara á fase de ascenso. O conxunto granate concluirá a súa fase de enfrontamentos contra equipos teoricamente inferiores o vindeiro domingo, contra o Laracha. Ata agora, a firmeza demostrada polo conxunto de Manu Fernández ante ese tipo de adversarios foi fundamental na súa remontada cara ás primeiras posicións da categoría.

Así o ve o centrocampista Pedro Crespo, que recorda que outros equipos da zona alta non se están mostrando tan fiables contra os que pelexan pola permanencia.  «Hay partidos trampa que hay que sacar adelante. El Boiro se dejó puntos el pasado fin de semana contra el Grixoa y en eso estamos haciendo nuestro trabajo. En los enfrentamientos directos, ya se verá», comenta Crespo.

O partido da primeira volta concluíu co triunfo do bloque coruñés por 2-0. Por iso, os xogadores pontevedreses non se queren fiar. «Se ha comentado que no nos podemos fiar. Allí nos derrotaron por 2-0. Estos encuentros hay que vencerlos porque son en los que se ganan las Ligas».

Despois do envite ante o Laracha chegará un duelo de altura contra o As Pontes. Pedro Crespo non quere pór o carro diante dos bueyes. «Primero vamos a sacar los tres puntos contra el Laracha y después ya se verá contra el As Pontes, aunque está claro que es un partido bonito y difícil, aunque vamos a ir a ganarlo».

Nesa liña argumental, o murciano recorda que o liderado non é un obxectivo a curto prazo. «Vamos partido a partido. Si ya pensamos en el futuro, no sacaremos los resultados del presente», comenta o medio centro.

Debut

Crespo conta os días que faltan para poder debutar co Pontevedra. O centrocampista murciano, incorporación realizada polo club no mercado invernal, atópase recuperado dos problemas físicos que lle impediron competir na primeira parte da tempada e desde a súa chegada ao Pontevedra, pero deu o primeiro paso. «Me falta un poco para estar al cien por ciento, pero en cuanto a dolor y molestias estoy perfecto».

A súa condición física poderíalle permitir debutar o domingo en Pasarón. «Creo que unos minutos sí podría estar, pero eso ya depende del entrenador».

Para un futbolista que está no dique seco durante moitas semanas, o feito de participar constitúe a principal motivación.

«Lleva tiempo sin jugar y me apetece. Es difícil entrar porque los compañeros lo están haciendo muy bien. Me toca esperar mi oportunidad y cuando la tenga, la intentaré aprovechar».

Crespo apunta á firmeza defensiva como principal argumento para interpretar o bo rendemento do Pontevedra.

«Estoy viendo muy bien al equipo. Muy serio defensivamente y con gente de calidad arriba, que al final siempre mete alguna ocasión».

Só quédalle agardar por que o refacho se manteña cando teña a oportunidade de acceder ao terreo de xogo. «Desde que llegué solo han ganado. Espero que cuando entre, sigan así las cosas», finaliza.

Comentarios