O Frigoríficos anuncia a fichaxe do extremo Martí Villoria

O xogador chega desde o Martí Adrianenc, da División Honra Prata, pas substituír ao lesionado Carlos Vilanova
Martí Villoria lanza a portería en un partido. TWITTER (@balonmancangas)
photo_camera Martí Villoria lanza a portería nun partido. TWITTER (@balonmancangas)

O Frigoríficos do Morrazo anunciou este martes a fichaxe do extremo dereito Martí Villoria, quen chega ao Gatañal para suplir a baixa do lesionado Carlos Vilanova tras desvincularse do Martí Adrianenc, da División Honra Prata.

 

O xogador catalán, de 23 anos, conta con experiencia na liga Asobal tras o seu paso polo BM Alcobendas, co que xogou seis partidos e marcou cinco goles na tempada 2018-19 antes de sufrir unha grave lesión de xeonllo.

O Frigoríficos do Morrazo caeu á zona de descenso este fin de semana tras perder na pista do Cantabria Sinfin. O vindeiro domingo visitará ao Porto Sagunto, outro dos equipos inmersos na zona de descenso, nun partido no que podería ter os seus primeiros minutos a súa nova fichaxe.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios