Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O Frigoríficos busca empezar a liga cun triunfo en Huesca

Os xogadores dos Frigoríficos, tras un partido. RAFA FARIÑA
Os xogadores dos Frigoríficos, tras un partido. RAFA FARIÑA

O calendario será menos esixente no arranque 

O Frigoríficos do Morrazo abre este venres o seu camiñar pola liga Asobal 2018-19 visitando a pista do Bada Huesca, onde buscará referendar as boas sensacións ofrecidas durante a pretemporada a pesar de perder a final da Copa Galicia ante a SD Teucro, nun partido no que desperdiciou unha renda de cinco goles.

Os oscenses serán unha boa proba para calibrar as aspiracións do conxunto dirixido por Magí Serra, que afronta o novo curso con catro reforzos: os porteiros Javi Díaz e Pablo Galán, e os laterais Mihajlo Mitic e Manuel Aranda.

Magí Serra, que vivirá a súa segunda tempada no banco do Gatañal, dispón dun persoal moito máis profundo que o curso pasado, con dous xogadores por posto que lle darán maior calidade nas rotacións, especialmente na primeira liña.

Os Frigoríficos aspira a sufrir menos que estas últimas dúas campañas para conseguir o obxectivo da permanencia.

O calendario é menos esixente no arranque, así que a planificación do corpo técnico foi enfocada para chegar a lume de biqueira á primeira xornada (Palacio dos Deportes de Huesca, 20:30 horas, coa arbitraxe dos irmáns Jesús e Jorge Escudeiro).

O Frigoríficos busca empezar a liga cun triunfo en Huesca
Comentarios