A Frigoríficos ficha o internacional júnior Alberto Martín

Trátase dunha aposta de futuro chegada do BM Alcobendas  Ten 18 anos e unha estatura de 1,93 metros 
Alberto Martín.TWITTER
photo_camera Alberto Martín.TWITTER

O pivote internacional júnior Alberto Martín converteuse este venres na segunda fichaxe do Frigoríficos do Morrazo, ao que chega procedente do BM Alcobendas e co que se comprometeu para as dúas próximas tempadas.

O xogador, de 18 anos e 1,93 metros de estatura, reencontrarase no conxunto cangués co técnico Nacho Moyano, quen o coñece da súa etapa no Ikasa BM Madrid.

"É unha aposta de futuro do club. É un xogador dunha gran envergadura física, unha das promesas do balonmán nacional no seu posto e estamos moi contentos de que se decantou pola nosa opción", declarou a Efe o director deportivo dos Frigoríficos, Óscar Fernández.

O máximo responsable da área deportiva do club galego cre que Martín, ao que define como "un gran defensor", achegará "tanto en ataque como en defensa", aínda que admite que no xogo ofensivo aínda ten "moito marxe de mellora".

É o segundo reforzo dos Frigoríficos para a tempada 2020-21 tras o do extremo esquerdo Dani Fernández, que chegará ao Gatañal desde a filial do Barça

Comentarios