miércoles. 26.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 26.02.2020
El tiempo

Frigoríficos e Teucro tópanse cun rival politizado

Acto de protesta dos xogadores do Sarriá o pasado mércores. TWITTER (<sent>UESarria77)
Acto de protesta dos xogadores do Sarriá o pasado mércores. TWITTER ( UESarria77)
O Sarriá, que se medirá co equipo pontevedrés o sábado, realizou unha protesta pola sentencia do procés durante o partido do mércores fronte ao conxunto morracense, que se desmarca do acto político

O Frigoríficos do Morrazo, equipo da liga Asobal, emitiu un comunicado para desmentir "de forma rotunda" que o seu equipo forme parte "de ningún acto de tipo político" durante o seu partido da segunda rolda da Copa do Rei contra o Uniu Esportiva Sarrià, disputado en Xirona.

"Somos un club deportivo e como tal non tomamos parte, nin a favor nin en contra, de aspectos de índole política. Por iso, pedimos aos medios de comunicación maior contraste informativo, seriedade e respecto cara á nosa institución", denuncia no seu comunicado a entidade que preside Manuel Camiña.

O Frigoríficos recorda que no primeiro minuto do partido o marcador do pavillón deixou "de funcionar", por iso é polo que o equipo non podia "atacar" mentres os xogadores do Sarrià, no centro da pista, aplaudían aos afeccionados que, de pé, coreaban "Llibertat, presos políticos".

RIVAL DO TEUCRO. Agora, en plena convulsión en Cataluña polo conflito sociopolítico, o Sarriá viaxa este sábado a Pontevedra, onde está por ver se volve realizar algún tipo de manifestación política. O equipo catalán medirase ao Teucro logo de ser capaz de derrotar ao Cangas na segunda rolda da Copa do Rei por 28-25.

Frigoríficos e Teucro tópanse cun rival politizado
Comentarios