Os Frigoríficos disputa ante o Nava unha final pola permanencia en novembro

O choque xógase este sábado no Gatañal
RAFA HQR! BALONMANO, LIGA ASOBAL: CANGAS FRIGORIFICOS DEL MORRAZO-BIDASOA. Id solo un rato del partido para sacar fotos de acción, de entrenadores y de público (esto último importante porque es el primer partido de competicion con gente en Galicia)
Pabellón Municipal O Gatañal, Carretera Cangas - Aldan, s/n, 36940 Cangas, Pontevedra, España
photo_camera Os xogadores do Frigoríficos do Morrazo, antes dun partido. RAFA FARIÑA

Frigoríficos do Morrazo e Viveiros Herol Nava disputan este sábado (18.30)  unha auténtica final pola permanencia no pavillón do Gatañal, cos galegos perseguindo o seu primeiro triunfo da tempada e os segovianos romper a súa serie de seis derrotas seguidas.

Tras mellorar fronte ao Logroño a pobre imaxe que ofreceu ante o Huesca, a Frigoríficos busca agora ese triunfo que o reforce animicamente antes de afrontar un mes crave para o seu futuro na categoría, con duelos ante Guadalaxara, Sinfín e Porto Sagunto, rivais directos na pelexa por eludir o descenso.

Os de Nacho Moyano, no entanto, necesitarán mellorar o seu rendemento defensivo para dobregar a un Nava que sente cómodo en partidos de marcadores baixos, para o que será fundamental minimizar as perdas de balón en ataque que permitan ao seu rival armar o seu xogo de contraataque.

Este partido comezará ás 18.30 no pavillón municipal do Gatañal e será dirixido polos irmáns Jorge e Jesús Escudero Santiuste (colexio cántabro).

1010153

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios