O fútbol base galego volverá cun formato exprés

Tamén se reactivarán os campionatos de fútbol feminino e fútbol sala
El fútbol base se activará en en el mes de febrero en varias frases. ARCHIVO
photo_camera Fútbol basee. ARQUIVO

O comité de fútbol base da Federación Galega de Fútbol propuxo activar todas as categorías de formación en formato exprés.

Os asistentes á reunión do comité de fútbol base que se celebrou o luns, con representantes dos clubs e dos distintos estamentos federativos, aprobaron por unanimidade iniciar a competición en categorías autonómicas, provinciais e locais.

A proposta é un formato exprés para esta tempada 2020/21 e abrirase un período de inscrición para coñecer con exactitude os equipos que participarán en cada categoría, segundo informou o ente autonómico.

O martes reuniuse a Comisión de Fútbol Feminino e o Comité de Fútbol sala e en ambos os casos acordouse activar as categorías basee que aínda non están en marcha.

En todo caso, o regreso da competición está condicionado pola situación sanitaria e a autorización das autoridades. 

Comentarios