Galicia copa a selección española de piragüismo

O EP Cidade de Pontevedra e o Naval participan no Mundial júnior e sub-23
Antía Otero. ARCHIVO
photo_camera Antía Otero. ARCHIVO

A cidade romanesa de Pitesti acolle desde este xoves o Campionato do Mundo júnior e sub-23 coa participación de 19 padeeiros galegos.

Esta edición dos mundiais na que tomarán parte máis de 60 países leva consigo a unha numerosa representación galega que se divide en dez deportistas da categoría xuvenil e nove da sub 23.

A primeira en entrar en contacto coa competición será a deportista do Club Escola de Piracgüismo Cidade de Pontevedra Antía Otero que comezará a súa andaina mundialista ás 8:06 hora española na Heat 2 de C1 500 metros. Ademais Otero competirá nesta edición na proba de C2 500 metros coa súa compañeira de equipo Ángela Jorge en C2 500 metros. A propia Ángela tamén participará en C1 200 metros. Ademais Antía Romero do Piragüismo Rías Baixas e Valeria Oliveira do Breogán tomarán a saída no C2 200 metros.

A canoa masculina terá na liña de saída a Manuel Fontán do Náutico O Muiño. A súa actuación dará comezo ás 9:04 nunha eliminatoria na que o primeiro clasificado accede forma directa á final de medallas. Doutra banda na proba de C2 o pontevedrés Martín Jácome competirá co sevillano Cayetano García, todos eles formarán embarcación xunto a Oliver Tamame en C4 500.

Polo que respecta ao kaiak masculino son dous os padeeiros seleccionados para a cita mundialista. Gabriel Martínez do Club Ribeiras do Tambre será o encargado de defender as cores españolas na modalidade de K1 200 metros. Mentres que o focense Xoel García competirá xunto a Miguel Serrano, Adrián del Río e Ignacio Trujillo.

A representación feminina na modalidade de kaiak terá como representantes á catoiresa do Club As Torres Carla Frieiro que competirá nas dúas distancias individuais de K1 200 e 500 metros. Pola súa banda, Lara Feijoo vai participar en K4 500 metros con Lucía Zamora, Nerea García e Margallida Crespi.

Polo que respecta á categoría sub 23, O canoista do Club Náutico Rodeira David Barreiro participará xunto a Noel Domínguez do Breogán do Grove C2 1000 e 500 metros. Pablo Graña será o representante en C1 200 metros.

O padeeiro do Club Nával de Pontevedra Iago Monteagudo estará presente na proba individual de 1000 metros e no K4 500 metros, Pedro Vázquez participa nesta ocasión en K2 1000 metros formando tándem con Pelayo Roza.

Raquel Dacosta competirá nas probas de C1 200 metros e C2 500 e 200 metros con María Pérez do Náutico O Muiño. Carolina García do E.P. Cidade de Pontevedra defenderá as cores nacionais no K1 500 e K4 500.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios