O grovense Tono Campos faise co ouro no Mundial de Maratón

O seguiu o tamén galego Manuel Garrido que se fixo coa prata na proba de C1

Tono Campos. TWITTER (@Rod_Navar, @RFEPiraguismo)
photo_camera Ton Campos. TWITTER (\Rod_Navar, \RFEPiraguismo)

O galegos Tono Campos e Manuel Garrido lograron este sábado a medalla de ouro e a de prata, respectivamente, na proba de C1 do Campionato do Mundo 2018 de maratón, que se disputa en Prado Vila Verde (Portugal).

Nunha chegada reducida, as dúas embarcacións exhibiron o poderío da canoa española, que permite á delegación nacional sumar as súas primeiras medallas sénior á espera da disputa este sábado do K1.

TONO CAMPOS. Campos, natural do Grove e pertencente ao equipo Breogán, mantívose nos postos de cabeza durante os 26,20 quilómetros do percorrido, mentres que o canoista do Kaiak Tudense Garrido tivo que superar unha penalización de 15 segundos, que lle foi imposta por saltarse unha aboia ao sufrir un toque na súa embarcación transcorrido o ecuador da carreira, informa a Federación Española de Piragüismo.

Campos, posuidor de 16 medallas en mundiais, aferrouse á súa experiencia na competición sen dar tregua aos adversarios, incluído o seu compañeiro de equipo, Garrido, o ata hoxe subcampión do mundo da proba, que renova o título

En C1,  a galega Jenifer Casal conseguiu o sexto posto. 
 

Comentarios