O Grupo Deportivo Supermercados Froiz gaña o xeral por equipos da Volta a Galicia

El Grupo Deportivo Supermercados Froiz, en el podio. DP
photo_camera O equipo, no podio xunto ao seu director deportivo, Evaristo Portela. DP

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz logrou a clasificación por equipos da Volta a Galicia, que terminou este domingo cunha última etapa que tivo a liña de meta no alto de San Roque de Viveiro.

A última proba foi gañada polo portugués do Maia Patrick Videira, que formou parte da escapada do día na que estivo o ciclista da formación alimenticia, Adrián Barros –a fuga chegou a gozar dunha vantaxe de 2'30"–.

O conxunto pontevedrés intentou darlle a volta ao xeral individual, pero o equipo Lizarte –futuro conxunto continental profesional– mostrouse intratable.

O gañador da clasificación final foi Martí Márquez, do citado Lizarte, e o mellor do Froiz foi Martín Lestido, oitavo a 43”.

Comentarios