Carlos Pouso: "Non faledes de ascenso porque estou cagado"

O adestrador vasco destacou que a primeira parte do Pontevedra foi de equipo "de descenso" e apuntou que se "o que sobre é el", terase "que ir"
Carlos Pouso, durante el partido ante el Marino de Luanco. DAVID FREIRE
photo_camera Carlos Pouso, nunha imaxe de arquivo. DAVID FREIRE

O técnico do Pontevedra, Carlos Pouso, lamentou a derrota en Mareo fixo autocrítica: "O marcador dio todo. Temos que buscar solucións a problemas que nos autocreamos. Non fai falta que o rival faga moito para que perdamos o partido. Así de claro".

"Empezamos ben, pero nas dúas primeiras chegadas fixéronnos gol en erros infantís. Cando mellor estabamos na segunda parte, volvemos a cometer outra 'cagadiña' para que o rival non tivese que porse nervioso. Tampouco ten moita historia. Nós ladramos e eles mordéronnos. Xogamos ao 'gilifútbol'; non sei a quen lle gusta, pero eu ódioo. Puidéronme levar os demos. Tíñannos que facer ir andando para que espabilásemos". 

Así de contundente foi na súa análise o adestrador biscaíño, que condenou a actitude dos seus pupilos: "Foron erros groseiros. Díxenlle ao adestrador do Sporting B que non gañaron eles o partido, senón que o perdemos nós. Superáronnos con nada. Só tiveron que pór garra. Se vas no bico dos pés ás disputas, só podes lesionarche".

Pouso, ademais, valorou o debut das últimas fichaxes: Rufo e José García: "Aquí gañamos e perdemos todos. Se estamos a esperar a que Rufo e José García metan catro goles todos os días... Rufo vainos a achegar, témolo moi claro, pero non vai facer milagres. Estamos a volver á media de tantos en contra. é como cando tes unha manta curta".

"Non me faledes de fase de ascenso, porque estou cagado. A primeira parte é dun equipo de descenso. Se o que sobra son eu, tereime que ir", recalcou.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios