Jabato: "Somos capaces de puntuar ante calquera"

"Unha das claves era activarse na segunda parte", afirmou o técnico

Jabato. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Jabato. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Jabato, técnico do Club Cisne Os Salgueiros, mostrouse moi satisfeito ao finalizar o encontro pola imaxe que ofreceron os seus xogadores. "Xogabamos contra o líder e sabiamos que non podiamos regalar nada. Ao final faltounos ese puntiño máis de experiencia. Estou moi contento. Despois do partido do outro día ante Novás non era fácil facer un encontro así ante un equipazo. Se somos capaces de puntuar a este equipo imos ser capaces de puntuar a calquera", explicou o técnico sobre o duelo.

"Unha das claves era activarse na segunda parte. Non había outra que pelexar e sacar o partido como puidésemos. Na primeira parte tivemos pequenos erros que logo corriximos. Mágoa que non nos servise para gañar", anotou Jabato.

Comentarios