lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Jácome e Sieiro non dan opción

Antía Jácome e Antía Otero. RAFA FARIÑA
Antía Jácome e Antía Otero. RAFA FARIÑA
Ambos os padeeiros lograron dous ouros individuais no Campionato Galego de Sprint celebrado o domingo en Verducido 

A flor e nata do piragüismo autonómico deuse cita onte no  encoro de Verducido para disputar un Campionato Galego de Sprint que, tras o confinamento e ante a incerteza dos torneos nacionais e internacionais, converteuse na proba de referencia de moitos padeeiros. Tan enserio a tomaron todos que apenas houbo lugar ás sorpresas, pois Adrián Sieiro e Antía Jácome, dous pontevedreses que chegaban como favoritos nas súas respectivas probas, non deron opción e acabaron a xornada como dous dos grandes triunfadores no regreso ás competicións.

Os dous piragüistas pontevedreses comandaron as súas probas individuais e, ademais, levaron para casa algún metal máis froito da súa actuación en canoa compartida. A padeeira do Cidade de Pontevedra foi a máis rápida no C1 200 e o C1 500. Xusto detrás dela, a menos de segundo e medio en ambas as probas, entrou a súa compañeira e tocaya Antía Otero. Precisamente esta última foi capaz de gañarlle a partida a Jácome no C2 500. Acompañada de María Da Pena, Otero foi ouro, mentres que a parella formada por Jácome e Jennifer Casal tívose que conformar co bronce. As catro piragüistas da Cidade de Pontevedra formaron o C4 500, no que non tiveron rival e asinaron outro primeiro posto. En total, Otero e Jácome lograron catro metais (a segunda logrou a quinta no mixto), mentres que Casal e Da Pena levaron dúas.

Antía Otero, da Cidade de Pontevedra, e David Barreiro, do Breogán Grove, destacaron tamén con catro metais cada un

Mentres, Carolina García fixo tamén pleno de podios nas súas dúas regatas e logrou un ouro no K1 500 e un bronce no K1 200. Así, ela tamén axudou a levantar á Cidade -gañador xa o sábado en categoría júnior- como mellor equipo feminino do día, con 421 puntos, polos 377 do Tudense e 266 do As Torres Romaría Vinkinga.

MASCULINO. Precisamente o Tudense foi a escuadra con mellor puntuación a nivel masculino. Roi Rodríguez foi un dos padeeiros máis destacados do club vencedor. Aínda que houbo outros nomes propios. Un deles, o de Adrián Sieiro. O pontevedrés do Piragüismo Poio Pescamar fixo pleno nas dúas regatas nas que participou de xeito individual. Sieiro venceu nun final apretadísimo a  Pablo Graña (Rodeira de Cangas) no C1 200 por 62 milésimas. No C1 1000, o do Poio tamén foi ouro, por diante de David Barreiro, Noel Domínguez e Diego Romeu, trío do Breogán Grove. eles tres, xunto a Tono Campos, tomáronse o desquite no C4 500. Foron ouro, mentres o cuarteto do Poio era terceiro.

Deste xeito, David Barreiro conseguiu a súa cuarta medalla do día, xa que tamén logrou subirse ao podio no C1 200 (bronce), C1 1000 (prata) e C2 1000 (ouro, xunto a Noel Domínguez).

Xa na única regata mixta, o C2 500, o Náutico de Ribadumia levou o gato á auga. Venceron Manuel Fontán Señoráns e María Pérez Aragunde, seguidos dos irmáns Martín e Antía Jácome, da Cidade. Con esta prata, Antía logrou o seu quinto metal do día. Terceiros foron outros consaguíneos do Poio: Carla e Adrián Sieiro, que recolleu a súa cuarta medalla.

Clasificación feminina
1. Cidade de Pontevedra 421 puntos
2. Kaiak Tudense 377 puntos
3. As Torres-Romaría Viquinga  266 puntos
4. Rías Baixas-Boiro 245 puntos
5. Breogán do Grove 190 puntos

 

Clasificación masculina
1. Kaiak Tudense                    563 puntos
2. Fluvial Lugo 265 puntos
3. Breogán Grove 262 puntos
4. Piragüismo Vilaboa 223 puntos
5.. Poio Pescamar 223 puntos

 

Jácome e Sieiro non dan opción
comentarios