Kuran márcase como obxectivo que os Frigoríficos estea "na zona alta"

O central bielorruso mostrouse este martes "moi ilusionado" coa súa fichaxe polo club
Presentación de  Valik Kuran. @balonmancangas
photo_camera Presentación de Valik Kuran. \<sent\>balonmancangas

O central bielorruso Valiantsin Kuran mostrouse este martes "moi ilusionado" coa súa fichaxe polos Frigoríficos do Morrazo, na que será a súa "primeira experiencia" fóra do seu país.

"Creo que hai un bo equipo, bos xogadores. Coñezo a liga Asobal e aquí hai moi bos equipos, pero entre todos creo que podemos facer unha boa tempada para estar na zona alta", comentou durante a súa presentación o ex xogador do Meshkov Brest, que asina por unha tempada con opción a outra.

O adestrador dos Frigoríficos, Nacho Moyano, adiantou que Kuran terá os seus primeiros minutos no partido de cuartos de final da Copa Galicia que mañá enfrontará ao seu equipo co BM Luceros.

"Pódenos axudar bastante na parcela ofensiva. Ten un bo un contra un, lanzamento a media distancia e en proximidade. Cremos que ten bastante marxe de mellora na capacidade de liderado e dirección de equipo, e iso pode melloralo polo nivel de centrais que hai en España", declarou Moyano.

O preparador do equipo galego destacou que o bielorruso chega "ben" de forma porque estivo adestrado con Meshkov Brest, polo que traballarán para que se adapte "canto antes" ao sistema de xogo do equipo.

Con esta fichaxe, e á espera de que o veterano Suso Soliño comunique ao club se se retira ou alarga a súa carreira unha tempada máis, os Frigoríficos ten pechada o seu persoal para afrontar a liga Asobal 2019-20. 

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios