A Gladiator Race reunirá a máis de 2.300 valentes

A carreira de obstáculos pontevedresa celebrarase o próximo 4 de xuño e contará con dúas categorías para os deportistas adultos e unha para os participantes infantís
Un instante de la carrera de obstáculos del Gladiator Race del año pasado.
photo_camera Un instante de la carrera de obstáculos del Gladiator Race del año pasado.

Gladiator Race reunirá o vindeiro sábado 4 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra, a máis de 2.300 deportistas, o que supón unha nova marca de participación nesta carreira de obstáculos. A proba estará dividida en dúas categorías en función do nivel de dificultade que desexen os participantes e ofertará, ademais, unha versión infantil para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que deberán estar acompañados polos seus proxenitores. Neste sentido a proba máis esixente será a Gladiator Warriors cun circuíto de 11,5 quilómetros e 33 obstáculos. 

Pola súa banda, os deportistas que participen na Gladiator Rockets deberán superar 21 obstáculos nun circuíto de 6 quilómetros, mentres que o desafío para os máis pequenos é un percorrido que oscilará entre os 500 metros e o quilómetro, segundo a idade de cada mozo. 

Gladiator Race de Pontevedra será puntuable para o OCR European Championships, competición que reúne cada ano aos mellores deportistas das principais carreiras de obstáculos de Europa

Comentarios