Líderes imbatibles

O Bribon 500 e o Seljm conseguiron unha nova vitoria que lles mantén no máis alto
 
Campeonato de España de 6M, Trofeo Xacobeo, RCNS 2020 ©Sailingshots by María Muiña Photography
photo_camera El Bribon durante a regata deste domingo. DP

O Bribon 500 de Pedro Campos e o Seljm de Patrick Monteiro conseguiron a vitoria na Copa de España de 6 metros disputada este fin de semana en Sanxenxo.

A flota volveu á competición coa estrea da quinta proba Trofeo Xacobeo, nunha xornada na que os dous equipos que comandan a clasificación xeral de Clásicos e Open volveron a imporse aos seus rivais na ría de Pontevedra.

Tras completar unha soa manga o sábado, o domingo o Comité de Regatas si puido dar o bocinazo de saída para as dúas probas programadas. Na división de Clásicos, o Bribon 500 de Pedro campos volveu ser o máis rápido e fíxose de novo coa vitoria nas dúas probas disputadas, proclamándose campión de forma incontestable con pleno de triunfos na súa marcadora.O segundo posto foi para o Aida de Escotet-Botas, mentres que o Stardust de Santiago Campos foi terceiro.

Xa na segunda manga foi o Maybe XIV de Eugenio Galdón quen levou o gato á auga por diante de Sophie e Seljm, aínda que unha vez terminada a carreira e ante unha queixa presentada polos de Monteiro, o barco suízo asumiu o seu erro e retirouse da manga, o que permitiu ao Seljm repetir vitoria na cita pontevedresa con dous puntos de vantaxe sobre o Sophie e o Stella.

Con cinco encontros disputados ata a data, o Bribon 500 e o Seljm continúan no máis alto do podio do xeneral.

Comentarios