Lorena Patiño, quinta no Campionato de España de dúatlon

Marcou o mellor parcial do total de 120 participantes na carreira a pé
Lorena Patiño, compitiendo en el Campeonato de España de Duatlón. FACEBOOK CD PINARIUM
photo_camera Lorena Patiño, competindo no Campionato de España de Dúatlon. FACEBOOK CD PINARIUM

A actual campioa galega de Dúatlon, Lorena Patiño Villanueva, integrante da sección de tríatlon do CD Pinarium fíxose o sábado co quinto posto en categoría cadete feminina nos Campionatos de España de Dúatlon disputados na cidade de Avilés.

A carreira, nun modelo distinto ao que se está afeito transcorreu con total seguridade debido ás saídas espaciadas das corredoras, e foi na última transición (carreira a pé) onde Lorena marcou o seu mellor parcial (o mellor das 120 participantes) entrando en meta co 5° mellor tempo no global dos tres sectores (2km carreira a pé - 6,6km bicicleta - 1km carreira a pé) e a escasos segundos do podium (as 5 primeiras clasificadas no mesmo minuto).

Desde o club recoñecen estar orgullosos co resultado alcanzado.

A aposta pola base que este club multi deporte (Atletismo, Tríatlon - Dúatlon, Ciclismo) fixo hai uns anos empeza a dar os seus froitos a nivel nacional, e seguiremos apostando por iso

Comentarios