Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Luis Montes: "Jorge Villamarín estivo inmenso"

Luís Montes. RAFA FARIÑA
Luís Montes. RAFA FARIÑA

O adestrador do Condes de Albarei Teucro mostrouse moi satisfeito coa actitude do equipo

Luis Montes, adestrador do Condes de Albarei Teucro, mostrouse moi satisfeito coa actitude do equipo a pesar de que tardou moito en meterse no encontro. Ademais, o Teucro tivo a vitoria na última xogada: "É verdade que cando tes aí a última bóla para gañar, cando non sae, sempre quedas fastiadiado. O equipo estaba moi nervioso. Eles estaban moi metidos e mostráronse moi duros en defensa. Os árbitros tamén puxeron ou listón moi alto".

"Está claro que nesta liga, cando lle dás vantaxe de seis goles a un equipo, levantalo é moi complicado e por esa parte estamos moi satisfeitos. Sobre todo polo rendemento da xente nova, que saíu aí a levantar un partido que estaba moi costa arriba. Dende logo estamos contentos coa actitude de non baixar os brazos nunca", engadiu Montes.

O técnico tivo que realizar algúns cambios defensivos para que o xogo teucrista empezase a funcionar: "É verdade que a 6-0 non estaba a funcionar moi ben, que é o sistema non que nos atopamos máis cómodos. Non cambio ao 5-1 custounos axustar un pouco ao principio porque eles estaban tamén xogando moi ben. Na segunda parte funcionounos. Tanto Natan como Sergio fixeron moi bo traballo".

"É unha mágoa que cando estabamos facendo o noso xogo, defendendo e correndo, tivésemos cinco ou catro situacións claras de lanzamentos que acabamos fallando. Hai que dicir que Jorge Villamarín estivo inmenso", anotou o técnico azul.

Luis Montes: "Jorge Villamarín estivo inmenso"
Comentarios