Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Luces e sombras no Condes de Albarei Teucro

O Teucro nas Termas de Cuntis. CEDIDA
O Teucro nas Termas de Cuntis. CEDIDA

Luís Montes, técnico dos Condes de Albarei Teucro, mostrouse moi "satisfeito" polo encontro do martes ante o ABC Braga

Os Condes de Albarei Teucro continúa colleitando vitorias na pretemporada, cumprindo todos os obxectivos que se expuña. O técnico teucrista, Luís Montes, mostrouse "moi satisfeito" polo traballo dos xogadores ante o ABC Braga o martes a pesar dos erros que "adoita haber nos partidos destas alturas".

"Estamos bastante contentos co traballo e co partido ,especialmente coa primeira parte, que foi moi boa, e o arranque da segunda", anotou Montes ao finalizar o encontro.

"A pesar de estar cun menos fixemos un bo parcial no inicio do segundo acto e chegámonos a pór oito arriba. Traballamos moi ben a nivel defensivo. A partir de aí tivemos un apagamento coincidindo cun momento de moitas exclusións e con Braga dando un paso adiante. Apertouse moito o partido", explicou.

A pesar dos desaxustes, o Teucro veu arriba e "conseguimos tranquilizar un pouco todo e a ordenarnos de novo. Quedamos coa parte positiva dos primeiros 40 minutos e de como fomos capaces de saír da fochanca e competir o partido"."Os obxectivos de pretempada vanse cumprindo, aínda que hai luces e sombras, como en todos os partidos destas alturas", conclúe o técnico do Teucro, que este xoves se medirá ao Chapela (21.00 h) en Copa Galicia.

Os xogadores dos Condes de Albarei Teucro viviron este mércores unha xornada de descanso na súa visita ás Termas de Cuntis, que xa realizaron en anteriores ocasións. A primeiro hora da mañá, corpo técnico e xogadores realizaron unha ruta de sendeirismo pola contorna, alternando a actividade con diferentes exercicios. Ás 12.00 horas puideron gozar do balneario das instalacións cuntienses, onde tiveron tempo de relaxarse tras unha dura semana de adestramentos.

 

Luces e sombras no Condes de Albarei Teucro
Comentarios