Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Luismi: "O punto sabe ben, pero puidemos gañar"

Luismi. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Luismi. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O técnico mostrouse satisfeito co resultado tras ir por detrás no marcador. Ademais, asegurou que Jesús "parece un veterano en Segunda B"
 

O técnico do Pontevedra, Luismi Areda, mostrouse satisfeito tras o empate ante o Navalcarnero. O tanto de Arruabarrena serviu para conseguir o primeiro punto da tempada a domicilio: "Sumamos, que era do que se trataba. Sabiamos que o rival é moi forte como local. Logo de vernos por detrás, este punto sábenos ben".

O cambio de imaxe, en relación ao primeiro partido ante o Unionistas, foi notable: "Dos erros apréndese. Hoxe -por este sábado- fomos moito máis serios, contundentes en defensa e veloces en ataque. Xeramos moitas ocasións de gol. Logramos acabar o encontro bastante enteiros e iso tamén é de resaltar".

O adestrador, ademais, foi cuestionado pola presenza de Jesús Barbeito no centro do campo: "Sempre dixen o mesmo: non miro o DNI, só o rendemento no terreo de xogo. Él non se engurra. Sobre o campo responde sempre. Parece todo un veterano en Segunda B".

Tamén tivo palabras cara a Arruabarrena, autor da diana: "Cando o fichamos, coñeciamos que nos podía dar moito. Ten experiencia, saber estar e finalización", asegurou.

Para rematar, o preparador olívico falou sobre o gol anulado que puido supor a vitoria do equipo granate: "ímonos coa sensación de poder sumar os tres puntos. A acción do tanto invalidado é difícil de ver desde o banco, foi dubidosa. Un empate sempre é positivo, pero o sabor amargo queda aí", dixo. Desta forma, o técnico xa pensa no seguinte partido do Pontevedra CF ante o Valladolid B. 

Luismi: "O punto sabe ben, pero puidemos gañar"
Comentarios