viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Lupe Murillo: "Había que buscar un culpable, pero os xogadores teñen que dar máis”

Lupe Murillo. DAVID FREIRE
Lupe Murillo. DAVID FREIRE
Coa destitución de Luismi, o adestrador provisional do primeiro equipo será o segundo adestrador, Jesús Ramos

Ao redor das 14:30 horas, minutos despois de que o Pontevedra comunicase a rescisión do contrato de Luismi Areda como primeiro adestrador, a presidenta Lupe Murillo compareceu en rolda de prensa para explicar o porqué do cesamento. “O adestrador foi destituído na mañá de hoxe tras unha conversa con el. É un momento difícil no humano porque ás veces hai que tomar decisións que se fosen co corazón, non as farías. Pero isto pasa moitas veces no mundo do fútbol. Tócame agradecer a total implicación de Luismi neste club”, iniciou a presidenta.

Para Murillo, "este equipo debe dar moitísimo máis" porque "é practicamente o mesmo que o ano pasado quedou a tres puntos do plan-off". "Nun club sempre hai que buscar un culpable e neste caso foi Luismi. Pero todos temos parte de culpa. Fixemos un cambio que confiamos que sexa para mellor. Igual se conseguimos que os xogadores teñan un ánimo diferente logran dar o mellor de si mesmos", apuntou a máxima dirixente. "¿Como é posible que eses mesmos que saen sen actitude en Valdebebas fagan despois unha segunda parte na que parece que se están xogando a final da Champions?", preguntouse.

A presidenta recalcou que "esixe" moito máis aos futbolistas e destacou que lle "entristece" ver "a falta de actitude coa que saen ao campo". 

Así mesmo, Murillo destacou que hai tempo para pensar en cotas maiores e “reverter a situación” e explicou que manexan unha lista de "18 adestradores que hai que filtrar". "Chegaron numerosas propostas pero nós non movemos nada por respecto. Agora entendemos que debe vir alguén con experiencia na categoría" sinalou.

Polo momento, o segundo adestrador e coordinador da base, Jesús Ramos, será o encargado de dirixir a sesión de adestramento de mañá. Ademais, non é descartable que sente no banco de Barreiro o vindeiro sábado.

Lupe Murillo: "Había que buscar un culpable, pero os xogadores...
Comentarios