Magí Serra: "Intentaremos aproveitar a presión que poida ter o Cidade Encantada"

O adestrador do Frigoríficos do Morrazo quere aproveitar a mala serie do seu rival, que non gañou nas dúas primeiras xornadas de Liga

Magí Serra. TWITTER
photo_camera Magí Serra. TWITTER

Magí Serra, adestrador do Frigoríficos do Morrazo, sinalou que o seu equipo intentará aproveitar este sábado “a presión” que poida ter o Liberbank Ciudad Encantada por non puntuar nas dúas primeiras xornadas da liga Asobal.

“É un equipo do que se espera moito porque mantén o bloque da tempada pasada e reforzou algunhas posicións con xogadores importantes como Montoro. Ten un bloque moi ben traballado pero a realidade é que non empezou como se esperaba, así que intentaremos aproveitarnos desa presión que poidan ter”, comentou a Efe Magí Serra.

O técnico catalán do Frigoríficos destacou que o seu equipo chega “moi ben” ao pavillón do Sargal porque ante o Alcobendas conseguiron corrixir os "pequenos erros” que cometeran na xornada inaugural fronte ao Huesca.

“As sensacións que transmite o equipo son moi boas, incluso o resultado contra o Alcobendas creo que foi curto. Defensivamente estamos moi ben, así que hai que seguir mellorando no xogo de ataque”, manifestou Serra, quen admitiu que ao serbio Mitic e ao portugués Manuel Aranda aínda lle faltan “unhas semanas” para terminar de adaptarse ao sistema do equipo.

“Levan tres semanas menos de preparación que o resto e iso nótase. A súa actitude está a ser moi boa, así que intentaremos acelerar esa adaptación para que cada día nos vaian achegando máis”, indicou o preparador do Frigoríficos.

Do seu rival, Magí Serra destacou o “grandísimo” nivel do porteiro internacional arxentino Leo Maciel, “se ten o día pódeche gañar un partido”, e a achega desde nove metros dos laterais Monto, Thiago Silva e Leonardo Dutra.

Comentarios