viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Marcos Xurado volve do Trofeo Xacobeo 2021 coa segunda posición

Marcos Xurado con Evaristo Portela sostendo o trofeo tras un segundo posto no Xacobeo 2021. D.P.
Marcos Xurado con Evaristo Portela sostendo o trofeo tras un segundo posto no Xacobeo 2021. D.P.
O ciclista do G.D. Supermercados Froiz quedou segundo tras unha doenza que lle prexudicou en carreira

Con Marcos Xurado a cousa é chegar e bicar o santo. O ciclista do G. D. Supermercados Froiz vén de lograr un segundo posto no Trofeo Xacobeo 2021 en Gondomar este pasado fin de semana tras a súa recente incorporación ao equipo e a pesar das condicións de saúde nas que se presentou e que lle impediron ocupar o lugar que esperaba no podio.

Marcos Xurado era unha das apostas máis fortes da escuadra ciclista en Gondomar o pasado fin de semana, pero a pesar das boas intencións a sorte non era moi favorable cando ao ciclista do Froiz diagnosticábaselle unha infeción na muela xusto antes do Trofeo Xacobeo. "Era unha infección bastante importante e a verdade é que fun con respecto e medo a Gondomar porque pensaba que non sería capaz siqueira de terminar a carreira", explica Xurado.

Fun con respecto e medo a Gondomar porque pensaba que non sería capaz sequera de terminar a carreira

A pesar das complicadas condicións nas que se presentou ao circuíto, o resultado foi máis que pometedor, un segundo posto que sabía a pouco logo de todo. "Se te concentras pois todo vai ben e a verdade é que foi unha pena non poder gañar, porque quedar segundo por tan pouco doe".

Aínda que Marcos laméntase por esa vitoria que se lle escapaba é consciente de que as condicións non eran as mellores e en todo caso esta carreira serviu como entrenameinto para próximas citas.

O manchego converteuse nunha das apostas fortes de Evaristo Portela, adestrador da escuadra ciclista. Uniuse ás filas do Frioz a principios deste ano, pero xa vestira a camiseta vermella no ano 2016 como cedido polo Lizarte na Volta a Galicia para reforzar a estrutura alimenticia das caídas que sufrira durante ese ano.

A decisión de volver ao G.D. Supermercados Froiz parece ser algo mutuo, tanto do equipo como súa. "A verdade é que desde que compartín equipo con Evaristo tiven moi bo feeling e transmíteme moita tranquilidade, moita seguridade e bo o que é a organización do equipo e o ambiente entre os corredores e o staff son tamén cousas que van sumando á hora de decidir en que equipo competir", explica Marcos Xurado .

CALENDARIO. Se non hai cambios no calendario con motivo da pandemia, a próxima cita de Marcos co grupo deportivo do Froiz será Campionato de España de contrareloj e en liña entre os días 21 e 23 de agosto. "Eu centrareime máis no contrareloj, pero bo tampouco descartamos a vitoria na liña tanto eu como algún dos meus compañeiros, polo menos trataremos de dar todo da nosa parte para poder gañar", asegura Xurado.

Despois será a quenda de pequenos encontros como a Volta a Valencia ou Cantabria, pero sobre todo e en especial a Volta a Galicia a finais de setembro pero con data aínda sen confirmar, onde o Froiz ten posta a mirada. En canto ao obxectivo para estas competicións Marcos teno claro. "Estando en Galicia o obxectivo será gañar. Que gañe o Froiz , eu ou un dos meus compañeiros".

Ao segundo intento tras o prólogo
Co Trofeo Xacobeo 2021 Marcos participa na súa segunda competición da tempada, logo de obter un quinto posto no prólogo da Volta a Zamora a mediados de xullo, e os resultados falan por se sos rozando cos dedos a vitoria en Gondomar.

"As sensacións en Zamora foron boas, pero a nivel de resultados esperaba algo máis", comenta o ciclista do Froiz.

Aínda que non pechou en Zamora coa clasificación que esperaba sente orgullo do traballo en grupo, tras axudar ao seu compañeiro Samuel Branco na última etapa no seu intento por facerse coa Volta.

En canto ao regreso ao adestramento tras os meses de confinamento Marcos asegura habelo levado "moi ben" a pesar de que o nivel do equipo era "alto" e todos parecían gozar de boa forma física.

Agora xa superaron esa volta á rutina pero o coronavirus segue prexudicando o calendario de competicións e para Marcos parece que só "queda adaptarse".

"Se preparas unha volta e cancélase, só queda buscar o positivo. é un amolo porque é o que nos gusta, pero hai que ser realistas e conscientes de que o importante é a sociedade", explica Xurado.

Marcos Xurado volve do Trofeo Xacobeo 2021 coa segunda posición
comentarios