O medio maratón de Pontevedra celebrarase o 18 de outubro

Desde a organización apuntan a que se respectarán todas as medidas sanitarias necesarias
Unha imaxe da proba. MEDIO MARATÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Unha imaxe da proba. MEDIO MARATÓN DE PONTEVEDRA

Todos os amantes das carreiras pedestres teñen unha cita o 18 de outubro en Pontevedra, xornada na que se celebrará o medio maratón. 

Así o confirmou a organización do evento, que engadiu que "debido á situación sanitaria actual e en función da evolución da pandemia, estableceremos as normas que permitan levar a cabo o evento, respetando as medidas sanitarias establecidas e buscando a seguridade de todxs os corredores".

Na pasada edición máis de 1.300 participantes do Gran Fondo buscaron alcanzar os seus obxectivos nunha proba cada vez máis popular.

Comentarios