O mellor balonmán conquista a praia de Baltar

Un defensor intentando tapona un lanzamiento a puerta. CEDIDA
photo_camera Un defensor intentando taponar un lanzamento a porta. CEDIDA

O pasado domingo día 28 de xullo chegou ao seu fin o campionato de balonmán praia Sanxenxo , un dos torneos máis esperados deste deporte. Un ano máis conseguiu reunir a máis de 400 participantes na praia de Baltar ( Portonovo ), que viviu un gran ambiente deportivo.

O campionato comezou o sábado pola mañá e non estivo acompañado do bo tempo.

A xornada comezou pasada por auga, con múltiples ballóns que desluciron un pouco a espectacularidade deste deporte, que cada día conta con máis adeptos. A partir do mediodía as choivas cesaron e o campionato continuou con gran expectación por parte de viandantes e bañistas. Como sempre ocorre, esta vixésimo-primeira edición deste campionato finalizou con éxito, contando co mellor do balonmán praia galego.

Os gañadores desta edición na categoría sénior masculina foron PTV Mercenarios, seguidos por HSL Praia, que foron segundos; e Curras Men, terceiros.

Por parte das mozas, as campioas sénior foron Waterfuckers, que gañaron o encontro a Espartanas. O terceiro posto foi para o Bunga.

Os premios entregáronos Carlos Conde (un dos patrocinadores) e Daniel Arousa, Concelleiro de Deportes de Sanxenxo.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios