Miguel Sío, primeira fichaxe do Teucro para a próxima tempada

O extremo destro volve ao equipo azul, onde xa xogou dúas tempadas
Imagen con la que el club dio la benvenida a Miguel Sío. SD TEUCRO
photo_camera Imaxe coa que o club deu a benvenida a Miguel Sío. SD TEUCRO

O extremo dereito Miguel Sío converteuse este martes no primeiro reforzo da SD Teucro para a tempada 2020-21, segundo informou a entidade pontevedresa a través dun comunicado de prensa.

"A volta ao Teucro era unha boa oportunidade para volver xogar en Galicia. Coñezo o traballo de Irene (Vilaboa) nos seus anteriores clubs e teño moi boas referencias, ademais de contar coa confianza de Milucho que xa foi o meu adestrador no Cisne", declarou o ex xogador do Trops Málaga.

Sío entende que a próxima tempada será "complicada" para todos os clubs pola situación vivida por mor da covid-19, por iso avisa que aqueles que teñan "máis regularidade" durante o curso ligueiro serán "os que mellor se sobrepoñan".

Formado nas categorías inferiores da SAR, Sío comezou a súa etapa senior no Cisne, de onde daría o salto á SD Teucro, onde xogou as tempadas 2012-13 e 13-14, chegando a disputar unha fase de ascenso á liga Asobal e uns cuartos de final da Copa do Rei.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios