Montes: "O señor da mesa roubounos un punto"

O adestrador teucrista foi moi crítico cos colexiados e coas ¡mesas porque se riron na nosa cara"
Luis Montes durante un partido co Teucro. RAFA FARIÑA
photo_camera Luís Montes durante un partido. RAFA FARIÑA

Luís Montes acabou expulsado polas súas airadas protestas na acción decisiva do choque cando a mesa cobraba tempo morto no ataque de Teucro a falta de quince segundos para o final: "Acabamos de ver a acción e non se aprecia na imaxe. Pero si parece claro que cando Leo está na mesa xa está o balón no noso poder. A pelota ten que estar en posesión para poder pedir o tempo. No momento no que sae das mans de Iñaki xa non está en posesión de Zamora. Creo que o señor da mesa roubounos un punto e rise na miña cara co que nos estamos xogando. é unha actitude lamentable de dúas persoas que rin de nós. Acabei descualificado e el co sorriso e co diñeiro ben cobrado. O partido son 60 minutos e non quedaremos só con dez segundos. Voume con esa sensación, non só que non fixo ben o seu traballo, senón que nos roubou un punto, salvo que haxa unha toma clara que o contradiga. Debe respectarnos e non rirse de nós, que somos os que nos deixamos a vida en sacar isto adiante".

Máis aló desa acción decisiva, Montes falou sobre o bo traballo do seu equipo durante 40 minutos e a perda de opcións ao quedar con catro xogadores de cancha: "Estabamos a facer un traballo moi bo, estou moi orgulloso do esforzo dos meus xogadores. Erraramos lanzamentos e dado contraataques a Zamora que nos podían dar máis marxe. Estabamos moi cómodos e coa sensación de que se non pasaba nada estraño levabámonolo/levabámosnolo. Quedamos con catro dúas veces. O nivel defensivo foi alto por ambos os bandos, e eles vanse coa metade de exclusións que nós. Quedamos con catro para que nos remontasen e outra vez con catro cando estabamos en plena remontada".

Para rematar, insistiu nas xogadas craves do choque: "Hai decisións puntuais que marcan o partido. Primeiro, aos 40 segundos recibimos a primeira exclusión, deixando claro o nivel que ía haber. Logo, cando o partido está moi controlado, déixannos con catro. Posteriormente, cando estamos a remontar, quedamos outra vez con catro. E ao final do partido coa acción da mesa".

Comentarios