José Antonio Lema proclámase campión de España de longa distancia

O pontevedrés xa o era de 500/600 yardas
Lema durante la competición. DP
photo_camera Lema durante a competición. DP

José Antonio Lema revalidou o título de campión de España de tiro olímpico de longa distancia (Fclass 900/1000 yardas) ao obter 382,32V puntos. O pontevedrés cimentou o seu triunfo nunha gran vantaxe co seu rivais nas dúas últimas entradas conseguindo a puntuación máxima de 100.10V a 900 yardas e 100.8V a 1000 yardas.

As instalacións do Acuartalamiento Militar de Parga (Lugo) foi o escenario do Campionato de España que reuniu a tiradores de todos os puntos de España. Constou dun día de adestramentos e de dous de competición.

Foi un campionato moi peculiar debido á dificultade que tiveron todos os participantes ao ter que enfrontarse a un forte vento predominou toda a competición, con refachos de aire de 30 a 40 km/h. Isto complicou aos participantes á hora de obter boas puntuacións. O título España non se definiu ata o último día.

A competición constou de catro entradas de 22 disparos cada unha. A puntuación máxima por entrada é de 100,20V e cada tirador pode conseguir nas catro entradas un total de 400.80V.

O pontevedrés quedou a menos de 19 puntos de obter a máxima cualificación, o que demostra a boa competición realizada a pesar das adversas condicións climatolóxicas, xa que o vento é un dos principais inimigos dun tirador.

Con este título dá por finalizada a tempada 2021 cos seguintes resultados obtidos na que se proclamou campión de España 500/600 yardas, campión galego 500/600 yardas.

Nesta tempada o deportista pontevedrés obtivo o décimo oitavo posto no Campionato de España. Demostrou no ano 2021 ser o mellor tirador de longa distancia do noso país.

Comentarios