O Arxil busca a primeira vitoria

O equipo dirixido por Maite Méndez intentará romper a súa serie negativa de resultados do comezo da tempada contra o Barça CBS

20181027-Cervera-5416-Final[1]
photo_camera Arantxa Mallou rodeada de xogadoras visitantes no último partido en casa do Arxil. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Club Baloncesto Arxil quere espertar do pesadelo que o atormenta no comezo da tempada. O equipo verde recibe este sábado (19.30 horas) ao Barça CBS no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O cadro pontevedrés acumula cinco derrotas nas cinco primeiras xornadas que o colocan no furgón de cola, lonxe das prazas ás que aspira a escuadra de Maite Méndez.

Os verdes queren recuperar a súa mellor versión, sobre todo en defensa, e ter continuidade no xogo en ambas as canastras para poder competir fronte a un adversario que chega a Pontevedra con tres triunfos e dúas derrotas. 

Os responsables técnicos do Arxil consideran fundamental facer valer o seu poderío no xogo interior, coa presenza de Janea Williams. Ademais, a recuperación para o xogo colectivo de Cristina Díaz Pache, a revelación da pasada camaña, e Gala Mestres deben ser elementos que concedan maiores opcións de éxito ás da Cidade do Lérez.

O equipo verde necesita dun paso á fronte da estadounidense Janea Williams

O director deportivo do club, Liño Vázquez, deu un toque de atención a Williams, cuxo rendemento está lonxe do agardado. "Non podemos permitirnos que leve unha media de 6,2 puntos, e iso antotando 18 ante Mataró, e 2,4 rebotes defensivos. ela viño para ser un referente en ataque e en defensa e non o está sendo", explicou o técnico da entidade.

"Iso lévanos a un desaxuste en defensa e en ataque que non somos capaces de suplir", asegura.

Enfronte, o Arxil atoparase cun adversario moi renovado, co equipo coa fichaxe de varias internacionais en categorías inferiores coa selección española (Aixa Wone, Lola Pendande, Mamen Branco). Ademais, destaca a presenza de nbsp;a&veterana Anna Boleda, que tras un ano practicamente en branco por unha grave lesión recuperouse e achega a súa experiencia ao conxunto barcelonés. Ata a data derrotou ao Añares Rioxa, o Segle XXI e o Cerdanyola.
 

Comentarios