33-22. O Cisne brinda co triunfo

O conxunto pontevedrés impúxose con contundencia ao Amenabar Zarautz no último encontro do ano â?? O equipo soubo xestionar a súa vantaxe e facerse forte en ataque e defensa
DAVID HQR! Balonmano (D.H. Plata) Cisne-Amenabar, sábado, 14 dic · 19:00–20:30
photo_camera Un dos momentos do encontro. DAVID FREIRE

Continúa o Cisne Os Salgueiros coa súa cita coa historia e, no último encontro do ano, o bloque local tirou de garra e impúxose con contundencia ao Amenabar Zarautz, que chegaba na penúltima posición da táboa e pouco puido facer ante a apisoadora branca. O bloque pontevedrés soubo encarrilar en encontro aproveitando as debilidades dos vascos nun choque no que os xuvenís Anxo Fraga e Carlos Álvarez gozaron de minutos como recompensa ao seu traballo diario.

Non foi capaz de materializar Andrés a primeira ocasión do partido para inaugurar o marcador. Con todo, na seguinte xogada de ataque, foi Chapela quen bateu a Ostolaza para pór o 1-0 e, a partir de aí, aproveitándose dos erros de Zarautz e xerando bos contraataques conseguiu o Cisne un parcial de 3-0. Con Ramos e Andrés en estado de graza, o bloque local continuou facendo dano en cada xogada de ataque mentres que, na portería, Villamarín impedía que o equipo vasco reducise distancias.

► LEA A CRÓNICA COMPLETA NA EDICIÓN IMPRESA DE DIARIO DE PONTEVEDRA DESTE DOMINGO

Comentarios