O Frigoríficos retomará as competicións con público ante o Bidasoa

As autoridades sanitarias permitirán a entrada de afeccionados ao Gatañal no encontro deste martes
Dani Cerqueira celebra un gol en O Gatañal. BM CANGAS
photo_camera Dani Cerqueira celebra un gol no Gatañal. BM CANGAS

O partido entre o Frigoríficos do Morrazo e o Bidasoa Irún, da liga Asobal, que se disputará este martes a partir das 21.30 horas no pavillón do Gatañal, será o primeiro partido oficial de continuación dunha competición semi-profesional en Galicia, tras a paralización deportiva pola pandemia de covid-19. O encontro de balonmán, ademais, será un "experimento" para o deporte galego na nova situación de restricións para evitar a propagación do coronavirus, xa que as autoridades sanitarias permitiron a entrada de afeccionados ao pavillón pero baixos estritas medidas de seguridade. 

A volta á competición con público producirase baixo protocolo que marca a Secretaría xeral para o Deporte da Xunta e que obriga a todos os clubs e afeccionados a cumprir unha serie de medidas de prevención. 

Entre elas destacan a limpeza de mans con xel dos espectadores tanto ao entrar como ao saír da instalación, a detección de temperatura e o rexistro de con fotocopia do documento de identidade e un número de teléfono. 

Ademais, o público non poderá deterse ata colocarse no asento asignado e non poderá e sacarse a máscara en espazos non habilitados. 

Segundo informou aos seus socios o club Frigoríficos do Morrazo, os espectadores deberán, ademais, respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros e non poderán comer no interior do recinto.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios