O waterpolo pontevedrés conságrase con Galicia

Os xogadores do CW Pontevedra foron pezas craves na mellor actuación de Galicia nun Campionato de España
Los once pontevedreses que formaron parte de las selecciones gallegas.
photo_camera Los once pontevedreses que formaron parte de las selecciones gallegas.

O Club Waterpolo Pontevedra formou parte dun feito histórico para a selección galega infantil de waterpolo, algo que non se consegue todos os días. O pasado fin de semana, as seleccións galegas infantís feminina e masculina finalizaron o Campionato de España Infantil de Waterpolo por Federacións Autonómicas con dúas históricas clasificacións.

O campionato, que se celebrou do 6 ao 9 de abril en Madrid, deixou moi bos resultados entre as escuadras galegas. O equipo femnino, na súa segunda participación nun Campionato de España, conseguiu a sexta praza e a primeira vitoria nun Nacional ao gañar por 2-4 á selección de Aragón. Por outra banda, os mozos, cunha gran actuación, metéronse por primeira vez en semifinais, loitando finalmente pola medalla de bronce, que se lles escapou, pero cun histórico e meritorio cuarto posto nacional.

PONTEVEDRESES. Once xogadores e xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra tiveron un papel moi importante nos éxitos de ambas as seleccións. Ademais, Diego Touriño non puido partipar por unha lesión pero estivo coas súas campeñeros todo o campionato. Irene Esteban, Rodcío Ferreira, Andrea Andión, Izaskun Tellería, Paula Millán e Iria Amoedo formaron parte da Selección Galega Feminina. Luís Millán, José A. Agudo, lejandro Andión, Raúl Martínez e Hugo Arceo fixérono coa selección masculina.

A selección feminina participaba por segunda vez nun Campionato de España (debutou a tempada pasada), co obxectivo de gañar experiencia e facerse un oco no panorama nacional. Con oito equipos participantes, xogouse a fase previa en dous grupos de catro, onde Galicia debutou ante as campioas de España: Cataluña, cunha derrota digna por 19-3. Con Andalucía caían por 15-2 e no terceiro partido da fase de grupos, as galegas perdían por un axustado 9-7 ante País Vasco.

O combinado feminino logrou a sexta praza, mentres que o masculino levou a cuarta

Como cuartas de grupo entraban na loita polos postos do quinto ao oitavo, coa súa semifinal ante Aragón, comunidade con longa tradición waterpolista e equipo na máxima categoría do waterpolo nacional. Nun emocionante e intenso partido, onde dominaron as defensas sobre os ataques, a selección galega conseguía facer historia logrando a súa primeira vitoria nun Campionato de España, cun apertado 2-4 (con goles marcados polas pontevedresas Andrea, Izaskun, Irene e Paula). Tras esta vitoria as mozas pasaban a xogar o seu particular final ante o combinado de Euskadi polos postos quinto e sexto.

Nesta ocasión, as xogadoras vascas sacaron a súa maior experiencia e controlaron o partido desde o principio. As galegas loitaron ata o final tratando sumarse outra vitoria, que non chegou ao perder por 5-8, pero sen sabelo xa a conseguiron: unha sexta nun campionato nacional.

A selección galega masculina comezaban a fase previa encadrada no Grupo B, debutando con vitoria cómoda fronte a Baleares por 13-4. O segundo partido da fase foi aínda máis alcanzable fronte a unha selección que volvía ter waterpolo logo de moitos anos, Cantabria, con vitoria dos galegos por 23-3. Pechábase o partido da fase co complicado encontro fronte a Andalucía, xogándose ambas as seleccións a primeira praza do grupo. A selección galega fixo un gran partido e logrou unha importante vitoria por 6-4, meténdose así en cuartos de final e entre os oito mellores.

Os galegos disputaron o choque de cuartos de final fronte á selección de Navarra. A selección galega dominou o partido desde o principio, sempre por diante no marcador e facendo historia cunha importante e meritoria vitoria por 7-10 que por primeira vez metía a Galicia na loita polas medallas, entre os catro primeiros clasificados dun Campionato de España de Waterpolo.

SEMIFINAL MASCULINA. No partido de semifinais Galicia volvía medirse a Andalucía, á que gañaran na fase de grupos. Pero nesta ocasión os andaluces fixeron valer a súa maior experiencia competitiva, sumando a que os galegos comezaban a perder fol e notar o cansazo acumulado nos xogadores titulares. Galicia non lograba meterse na final, soño que se esfumaba segundo pasaban os minutos, perdendo 15-8.

O último choque, no que se loitaba pola medalla de bronce, non saíu ben para a selección galega, que aínda que empezaba gañando 2-0, non puido coa defensa presionante da selección de Aragón, que remontaba ata o definitivo 3-8 que lles daba a medalla de bronce e ao galego unha histórica cuarta posición.

Comentarios