Orgullosos de Antía Jácome

A súa familia, compañeiros e adestradores móstranse felices e satisfeitos co nivel da padeeira en Tokio
Jácome durante los Juegos. COE
photo_camera Jácome durante os Xogos. COE

O seu irmán, a súa compañeira no C2, o presidente do seu club... Foron moitas as persoas que mostraron a súa desbordada alegría e orgullo tras a actuación de Antía Jácome. A padeeira de 21 anos chegaba a Tokio sen ser favorita a nada e o seu quinto posto é o inicio dunha prometedora carreira.

Martín Jácome, irmán de Antía: "É o reflexo de todo o sacrificio"

O irmán da padeeira mostrouse "contento" e "orgulloso de que a miña irmá sexa diploma olímpico". Martín, que puxo un espertador para ver a "regata en directo" considera que o quinto posto cultivado en Tokio é algo "moi merecido" e polo que "leva loitando moito tempo e adestrando moi duro. Este diploma é o reflexo do adestramento e de todo o sacrificio". Aos seus 21 anos e diversos éxitos ás súas costas para Martín este diploma é "o inicio" da carreira de Antía.

Antía Otero, compañeira no C2: "Non podo estar máis orgullosa dela"

A súa compañeira das Antías asegurou que non pode sentirse "máis orgullosa dela" e que durante a carreira "estiven cos pelos de punta porque eu sabía que ía estar arriba, preto das medallas e non me equivoquei". En canto Jácome cruzou a liña de meta, o primeiro pensamento de Otero foi pensar "¡que grande é! porque realmente é incrible", pero sabe que o camiño non termina aquí e que isto "só acaba de empezar. O primeiro paso será pelexar por unha medalla no Mundial".

Óscar Ponche, presidente da EP Cidade de Pontevedra: "Isto serviulle para ir a por"

"Nerviosismo", iso é o que sentía Óscar Ponche antes do inicio da final a pesar de que Jácome non erafavorita á medalla e el sabíao. "Durante a carreira eu pensaba que ía quedar terceira, cando entrou en meta cuarta e logo ao final foi quinta, pero estou moi contento", afirmou o presidente do club que asegurou que "son os seus primeiros Xogos e ela é unha deportista moi ambiciosa e creo que isto lle serviu para ter máis fame de vitoria e ir a por máis. Xa comentou que vai ir a por todas no Mundial".

Comentarios