Nicol Zelikman: outra estrela para o campus

A deportista, sétima nos Xogos Olímpicos de Tokio, será unha da invitadas estrela do HQR!losSauces que tamén contará con Ana Bautista para o grupo de rendemento
undefined
photo_camera Nicol Zelikman facendo o xesto do corazón nos últimos xogos olímpicos. EFE

Nicol Zelikman será as invitada estrelas da oitava edición do campus HQR!losSauces de ximnasia rítmica, que se celebrará do 15 ao 24 de xullo en Pontevedra co respaldo da Concellería de Deportes do concello da capital.

A ximnasta israelí, considerada como unha das mellores do mundo, foi sétima nos últimos Xogos Olímpicos de Tokio nos que tivo unha brillante actuación culminando unha brillante traxectoria na que xa destacou en categoría júnior, non en balde foi dúas medallista europea.

Zelikman, que anunciou a súa retirada a finais do pasado ano, é habitual en masterclass que se celebran ao longo e ancho do mundo. A súa presenza en Pontevedra é a confirmación de que o campus HQR! é un dos grandes referentes da rítmica española.

Ao longo da súa traxectoria sumou cinco medallas en probas da Copa do Mundo, foi medallista no Europeo absoluto e no xeneral da Copa do Mundo foi décima na edición de 2017 e novena en 2019.

A Nicol Zelikman sumar Ana Bautista que será unha das invitadas estrelas do grupo de rendemento co que comeza este ano o Campus HQR!losSAUCES. Foi a primeira ximnasta española en proclamarse campioa de Europa (Hannnover 1989) e posteriormente foi seleccionadora española individual. Está considerada como unha das grandes adestradoras da rítmica europea.

A canaria, fincada en Baleares, desenvolverá diferentes traballos específicos durante varias das xornadas do grupo de rendemento que levará a cabo do 15 ao 18 de xullo como anticipo á oitava edición do campus HQR! que comezará na tarde de luns 18.

Retirouse con 17 anos en abril de 1990, motivada principalmente por unha lesión de cervicais. Logo de pasar dous anos na súa casa de Tenerife, regresou a Madrid para estudar Psicoloxía á vez que conviviu como adestradora axudante de Emilia Boneva na modalidade individual. Foi seleccionadora nacional individual do equipo español de ximnasia rítmica desde finais de 1996 ata antes dos Xogos Olímpicos de Sídney 2000, onde adestrou a ximnastas como Almudena Cid, Alba Caride, Esther Domínguez ou Adassa Ramos. Foi ademais coordinadora técnica do conxunto español que foi aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.

Ana Bautista foi un antes e un despois na Ximnasia Rítmica española. Cambiouno todo nesta disciplina deportiva.

Actualmente exerce como psicóloga clínica, educativa e do deporte, ademais de asesorar individualmente a deportistas de elite, tanto a nivel técnico, traballo corporal ou coreográfico, como facilitando a súa retirada deportiva.

As inscricións para o campus permanecen abertas na web diariodepontevedra.es diferentes tramos de prezos.

Comentarios