Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Partido de probas

José Rial (esquerda) e Juan Quintas (dereita) intnetan parar un lanzamento no duelo do mércores. RAFA FARIÑA
José Rial (esquerda) e Juan Quintas (dereita) intnetan parar un lanzamento no duelo do mércores. RAFA FARIÑA

O adestrador dos Condes de Albarei Teucro, Luis Montes, explica que o duelo do mércores "foi o típico a estas alturas da pretempada"

O Condes de Albarei Teucro superou o martes con éxito o seu primeiro amigable en casa ante o equipo portugués Ismai Maia. Os teucristas mostráronse firmes durante todo o encontro e o adestrador Luis Montes puido facer todo tipo de probas cos xogadores en busca dun esquema que funcionase ao completo.

"Foi un típico partido destas alturas da pretempada. Os xogadores aínda están sen o ton físico adecuado. Tamén houbo bastantes erros por parte dos dous equipos en situacións de lanzamentos, en precisións e en xogo. Houbo bastantes desaxustes", explicou o mércores Luis Montes ao finalizar o encontro. O Teucro gañou por un avantaxado resultado de 34-22.

Con todo, a pesar dos pequenos erros cometidos polos xogadores teucristas, Montes afirmou que "estamos contentos e satisfeitos co traballo realizado. Xa se plasman as intencións que estamos a traballar durante os adestramentos. Víronse sobre a pista".

Este tipo de encontros amigables son ideais para que "os xogadores novos se vaian integrando no modelo e vaiamos coordinando un pouco máis o traballo de todo o equipo. Queremos chegar ao principio de liga o máis conxuntados que poidamos e coordinados no sistema, tanto a nivel defensivo como no plano de ataque".

"Vaise vendo un pouco a intención de como queremos xogar e como queremos facer as cousas. A verdade é que estamos moi satisfeitos co traballo e a entrega dos xogadores. Todos están a traballar moito por mellorar e por conjuntar o equipo o antes e mellor posible", concluíu o adestrador Luis Montes, que xa ten a mirada posta no inicio da liga, que será en Pontevedra o próximo 8 de setembro ante o Sinfín.

A pesar de que queda moi pouco para o comezo da Asobal, o Condes de Albarei Teucro terá que superar outras tres citas amigables e a competición da Copa Galicia.

<

Partido de probas
Comentarios