Pasarón marca o camiño

O Pontevedra disputará catro dos últimos seis partidos da primeira volta na casa ▶ Tres filiais, o Adarve e dous equipos galegos serán os últimos adversarios do equipo de Luismi

Os seareiros de Fondo Norte durante un partido desta temporada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Pasarón
photo_camera Os seareiros de Fondo Norte durante un partido desta temporada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Seis partidos separan ao Pontevedra do remate da primeira volta. Serán media ducia de encontros nos que o campo de Pasarón terá un especial protagonismo. O once granate disputará catro dos duelos que restan para o ecuador da liga na casa e só dous en condición de visitante.

Deses seis enfrontamentos, tres serán contra filiais, dous contra conxuntos galegos e outro contra o Unión Adarve de Madrid.

Clasificación Segunda B 21.11.18A serie comezará o próximo domingo, a partir das 17.00 horas, no campo de Pasarón. O once granate recibirá ao Coruxo, un dos seus veciños máis próximos, no que militaron varios futbolistas do once pontevedrés como Campillo, Mouriño, Pedro Vázquez, Pibe e Álex Fernández.

O duelo ten tódolos ingredientes da igualdade: rivalidade rexional, equilibrio na clasificación e dous equipos con altos e baixos no seu rendemento.

Despois de recibir a visita do Coruxo, o once da cidade do Lérez viaxará a Vigo para enfrontarse ao Rápido de Bouzas no campo Baltasar Pujales (02-12). Os olívicos pareceron reaccionar nos últimos tempos. A súa última posición na táboa engana, se se ten en consideración o seu bo último segmento de competición.

Os seguintes envites do cadro da cidade do Lérez serán en Pontevedra. Primeiro visitará o coliseo granate, na fin de semana posterior á Ponte da Constitución (9-12 de decembro), o Unión Adarve, a gran sorpresa da pasada temporada, que parece asentarse na categoría de bronce no seu segundo ano na mesma. Posteriormente virá a Pontevedra o Las Palmas Atlético (16-12), no retorno do fútbol canario a Pasarón. O filial grancanario está a ser tan irregular no primeiro terzo do exercicio como o Pontevedra. Actualmente ocupa a sétima posición, con dous puntos máis có once de Luismi. Será o último envite do ano no campo do Barrio do Burgo.

Remate da primeira volta en Segunda BDespois diso quedarán dúas citas máis para poñer fin á primeira metade do curso, contra os dous grandes filiais de Madrid. O Cerro del Espino volverá recibir aos granates despois da consecución da súa permanencia no curso anterior. O partido contra o Atlético B está programado, nun principio, para o 22 de decembro.

Pasarón porá fin á primeira volta co Real Madrid Castilla como convidado, seguramente sen a atracción de Vinicius no plantel "merengue" e quen sabe se co obxectivo do play-off en disputa por parte dun ou dos dous contendentes. Será o primeiro enfrontamento de 2019, o 6 de xaneiro, como agasallo de Reis.

UNIONISTAS. O Pontevedra enlazará un quinto envite de sete posibles na casa: contra o Unionistas de Salamanca, o 13 de xaneiro. Será o primeiro da segunda metade do curso.

Para entón a competición empezará a estar definida e, aínda que quedará a metade do exercicio, poderase saber se os equipos do grupo I estarán destinados a pelexar por facerse un oco entre os catro primeiros e acceder á promoción polo ascenso, a intentar fuxir das cinco últimas posicións, que condenan a descender ou xogar unha eliminatoria pola permanencia, ou a ocupar a tediosa zona de ninguén, na que só hai tranquilidade sen expectativas.

Comentarios