martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

Paula Dapena, recibida no Concello: "Quedo coas mensaxes de apoio e ánimo"

Fernández, Dapena e Yoya Blanco. JAVIER CERVERA
Fernández, Dapena e Yoya Blanco. JAVIER CERVERA
"Non imos gardar máis minutos de silencio", indicou a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco

Paula Dapena, nome propio do fútbol nos últimos días pola súa negativa a homenaxear a Maradona, foi recibida este martes no Concello de Pontevedra pola edil de Igualdade, Yoya Blanco, e o tenente de alcalde e responsable de Deportes, Tino Fernández, quen quixeron amosarlle a súa "sororidade" polo seu "xesto de darlle ás costas ao machismo".

A xogadora do Viajes Interrías, malia as ameazas recibidas nos últimos días, insistiu en que "volvería facelo", en referencia ao minuto de silencio polo astro arxentino no que se deu a volta a modo de protesta.

"Xa o advertimos este 25-N: non nos van calar e non estamos dispostas a gardar máis minutos de silencio, nin por culpa dos maltratadores nin por eles. Non imos aceptar ningún status quo imposto polo patriarcado. Mozas como Paula Dapena deben converterse nun referente para [email protected]".  Así se pronunciou este martes  Yoya Blanco, sobre o xesto da pontevedresa do que se fixo eco a prensa internacional e que derivou mesmo en ameazas de morte contra ela.

Blanco participou xunto co tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, nunha recepción oficial que tivo lugar na sede do Concello, que serviu para amosarlle á xogadora o absoluto respaldo do goberno local e na que Dapena estivo acompañada pola súa irmá Almudena, tamén deportista.

Carmela Silva aplaude el gesto de Dapena y advierte de que "no está sola" ante las amenazas

A concelleira de Igualdade agradeceulle a Paula Dapena "ese xesto viral de darlle as costas ao machismo", xa que "precisamos mozas que digan non ao machismo dun xeito claro e que servan de referente para o resto da xuventude". "Quero practicar con Paula isto que levo aquí na máscara (do 25-N), que se chama sororidade, ante esas brutais ameazas de morte que está a sofrer nas redes sociais e que me acaba ensinar. Imos ser tan contundentes como ela dándolle as costas ao machismo: os maltratadores, os machistas e os violentos non teñen cabida nin na nosa sociedade nin en redes sociais. Conta co meu apoio e co do Concello de Pontevedra. Ánimo e forza… E grazas!", asegurou Yoya Blanco.

Dapena admitiu sentirse "un tanto abrumada" ante a repercusión do seu xesto, que pretendía "que quedara entre os seus seguidores de Twitter e Instagram", pero que "dende o momento en que saíu publicada nos medios locais" se traduciu "na chegada de mensaxes de apoio de todo o mundo, chamadas para entrevistas…".

Dapena: "Tenía que mostrar mi desconformidad con el homenaje a Maradona"

"A verdade é que, de todo isto, co que me quedo é coas mensaxes de apoio, de ánimo e de cariño da xente. Quero darlles as grazas. É algo que volvería facer. No momento en que non se fai un minuto de silencio polas vítimas de violencia machista, iso xa me parece mal, pero aínda enriba facelo por unha persoa que fixo as cousas que fixo, que son coñecidas porque hai fotos e vídeos, pois paréceme aínda moito peor. Esas cousas témolas que denunciar, aínda que sexa sentándonos no chan e dando as costas", aseverou.

A futbolista afirma contar co apoio das súas compañeiras e do seu club e considera que o seu xesto "non lle faltou ao respecto a ninguén, xa que podía ter feito moitas outras cousas para cortar ese minuto de silencio e non permitir que as que querían facelo o fixesen". No entanto, segundo explicou, chegaron a dicirlle frases como "vou ir á túa casa a partirte as pernas" ou "Se vivises en Arxentina xa estarías morta". “Eu realmente estou pasando un pouco das mensaxes negativas e quédome coas de apoio e cariño", sinalou Dapena.

Paula Dapena, recibida no Concello: "Quedo coas mensaxes de apoio e...