lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

O PCF non deixa cabos soltos

undefined
Luismi Areda, Cristóbal Filgueira, Ángel Rodríguez, Sergio Moreira, Álex Otero e Borja Ríos na presentación do corpo técnico o venres en Pasarón. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
O club granate presenta o corpo técnico ao completo para a próxima campaña en 2RFEF, encabezado por Ángel Rodríguez

Co persoal practicamente pechado, o director deportivo do Pontevedra CF, Toni Otero, presentou este venres en Pasarón ao novo equipo técnico que acompañará a Ángel Rodríguez en 2RFEF.

O vigués recoñeceu que "foi un camiño longo na confección do corpo técnico", nun intento por "profesionalizar" o club. O principal obxectivo de Otero era apostar "por xente da casa, e iso é o que conseguimos", asegurou, "intentamos dotar ao Pontevedra de xente capaz, con experiencia e que quere que o club estea máis arriba".

Luismi Areda volve á Boa Vila como analista do primeiro equipo, nun proxecto que aposta "por xente da casa" asegurou Toni Otero

A renovación total está encabezada polo novo técnico granate, Ángel Rodríguez, que contará con Sergio Moreira (ex adestrador da filial) como a súa man dereita o próximo curso e Moncho como adestrador de porteiros. Cristóbal Filgueira é unha das caras novas no banco pontevedrés. Con ampla experiencia en Terceira División, será o encargado da preparación física dos xogadores, mentres que o seu compañeiro Álex Otero funcionará como readaptador. Borja Ríos exercerá de fisioterapeuta e o médico principal será José Barragáns. Tamén Luismi Areda regresa ao club para formar parte do corpo técnico, esta vez como analista para o primeiro equipo.

SENSACIÓNS. Nos seus primeiros días como técnico granate, Ángel Rodríguez móstrase "cada día mellor". O adestrador leva varias mañás traballando man a man co seu corpo técnico "dándolle voltas ao que vai ser a pretemporada". Ángel está convencido de que ten "o mellor equipo de traballo posible", con profesionais "que teñen uns coñecementos moi amplos, experiencia na categoría e que me van a nutrir de ideas das que me teño que alimentar".

Ángel Rodríguez valorou a experiencia na categoría e a preparación para escoller aos integrantes do seu corpo técnico no PCF

O obxectivo do técnico granate é ofrecer "o mellor Pontevedra que podamos", un equipo "con iniciativa, cuxo ADN sexa saír a gañar". Para iso, ao adestrador preocúpalle chegar ao primeiro encontro de Liga ante o Compostela "nas mellores condicións, para afrontalo con garantías".

Con respecto ao peche do persoal, Toni Otero asegurou que o adestrador prefire "esperar" antes de facer novas fichaxes, pensando primeiro en ver "a certos xogadores da filial nalgunhas posicións", e a partir de aí valorar a necesidade de novas incorporacións ou, pola contra, apostar pola calidade da canteira. "Necesito coñecer aos mozos que están abaixo", explicaba Ángel, "van facer a pretemporada connosco e dareilles a oportunidade de mostrar o seu fútbol en varios partidos. A partir de aí iremos vendo con cantos xogadores podémonos quedar para a tempada".

O adestrador granate dará minutos aos canteiráns en pretemporada, co obxectivo de valorar a súa participación en 2RFEF

No camiño a esa nova campaña 2021/2022 os pupilos de Ángel alternarán os seus adestramentos de pretemporada entre Pasarón, Xeve e A Xunqueira, aínda que o primeiro será o estadio de referencia, mentres a directiva traballa nas melloras do campo. Así mesmo, o comezo de pretemporada o vindeiro luns estará marcado por unha lista de xogadores aínda por determinar, despois de que varios futbolistas do persoal pasasen o Covid nas últimas semanas.

O PCF non deixa cabos soltos
comentarios
ç