O Peixegalego dá os seus últimos pasos antes da pretempada

Taiwo Badmus, beirado británico formado en Estados Unidos, é o décimo xogador fichado

Badmus, en un partido contra Irlanda. D.P.
photo_camera Badmus, nun partido contra Irlanda. D.P.

O Marín Ence Peixegalego perfila as últimas pezas do conxunto co que contará a próxima tempada en LEB Prata.

Coa fichaxe do beirado Taiwo Badmus, internacional irlandés formado en Estados Unidos, o club marinense prepara o seu asalto á división de bronce do baloncesto español, na que estivo tres tempadas consecutivas antes do ascenso a LEB Ouro, na campaña 2016/2017.

Badmus, que se formou na Universidade de Virginia-Wise, é a quinta nova incorporación peixe, tras os xa anunciados fichaxes de Gerard Sevillano, Juanchi Orellano, Vashil Fernandez e Santiago Lorenzo, que se une á disciplína marinense de xeito oficial tras adestrar co equipo a pasada campaña, mentres aínda xogaba co Rosalía de EBA.

O xogador, nacido en Londres, foi clave no pasado Campionato de Europa para países modestos, liderando a Irlanda e conseguindo o bronce continental, mercé aos seus 14 puntos e 7 rebotes por encontro. Badmus foi o home do partido pola medalla, endosándolle 19 puntos e dez rebotes á selección gibraltareña.

A pesar da experiencia internacional, o seu paso polo Peixegalego será a súa primeira etapa no baloncesto profesional, tras unha etapa universitaria moi meritoria na modesta Virginia-Wise.

En devandita institución, o londiniense promedió 21.9 puntos e 10.4 rebotes por partido na súa última tempada, sendo titular en todos e cada un dos encontros.

COMEZO. Coa mente posta en pechar o persoal, o equipo da vila marinense xa ten fixada unha data de inicio para a pretempada. "O noso plan é comezar o día 3 de setembro. Ao longo do mes iremos contando con máis efectivos, pero o traballo empeza nesa data", comentou Javi Llorente, que afronta a súa sétima campaña aos mandos do conxunto azul.

A primeira fase da Copa Galicia Sénior Masculina terá lugar durante a segunda semana de setembro. Aí é cando se esperan os primeiros axustes a nivel de xogo para o Peixe. "A Copa serviranos para xogar xuntos e coñecernos, aínda que aínda non esteamos todos. A intención é que nos dous partidos compitamos e teñamos unha certa rodaxe", suxeriu o preparador leonés.

O Peixegalego debutará na competición autonómica o día 9, en casa do Rio Ourense Termal. Na Raña, o equipo estrearase o día 13 ante o Leyma Coruña.

LEB Prata
Clavijo e Baskonia, rivais a bater

 
Á hora de ponderar a dificultade á que se enfrontará o Peixegalego esta tempada, a valoración é clara: o nivel da liga mellorou.

Así o cre tamén Llorente, que non dubidou en situar ao recentemente descendido Clavijo (que conta co ex Peixe Carlos Noguerol) e a filiais como o Baskonia entre os equipos con máis perigo no Grupo Oeste.

Outros equipos recentemente ascendidos, como Zornotza ou o Círculo Gijón, tamén buscan asentarse na competición.

"Por sorte, no noso grupo temos a rivais moi coñecidos. Iso, a longo prazo, xogará ao noso favor", suxeriu Llorente.

Comentarios