O piragüista vilaboense Brais Sánchez, suspendido por dopaxe

"Estou tranquilo. Sei ou que fixen", explicou
Brais Sánchez, en primer término, durante una prueba. FACEBOOK
photo_camera Brais Sánchez, en primeiro termo, durante unha proba. FACEBOOK

O piragüista do Vilaboa Brais Sánchez foi sancionado por consumo de sustancias prohibidas. O padeeiro vilaboense deu positivo nun control que lle foi realizado durante o Campionato de España en pista 2018 que se disputou en Pontevedra.

Sánchez leva medio ano sancionado, desde marzo de 2019, e deberá permanecer parado ata decembro de 2021.

"Penso se compartín unha bebida doutra persoa, pero tampouco quero pensar mal de ninguén"

O piragüista aclarou que en ningún momento tivo conciencia de inxerir ningún produto dopante. "Estou tranquilo. Sei o que fixen", explicou respecto diso.

"Entre tódolos elementos de suplementación que tomo, non hai nada que dea positivo. Todo o que teño pautado son suplementación minerais que son legais. Aínda hoxe non sei como chegou ao meu corpo. Penso se compartín unha bebida doutra persoa, pero tampouco quero pensar mal de ninguén", expresou o fondista do Vilaboa.

No momento en que foi suspendido, xa levaba varios meses sen competir debido ao falecemento da súa nai.

Sánchez tamén aclarou que "un avogado recomendoume que o admitise para que me rebaixasen a sanción, pero eu négome a recoñecer un erro que non cometín. Fastidiaríame máis que fose desa maneira", asegurou, antes de concluír que "son o primeiro que sempre critiquei o consumo de sustancias para facer trampas", dixo.

Comentarios