O Pontevedra anuncia a renovación de Luismi

O adestrador sentará no banco de Pasarón unha terceira temporada

Luismi, durante un entrenamiento del Pontevedra CF. GONZALO GARCÍA
photo_camera Luismi, durante un entrenamiento del Pontevedra CF. GONZALO GARCÍA

O Pontevedra Club de Fútbol e Luismi alcanzaron un acordo polo que o adestrador continuará unha temporada máis á fronte do primeiro equipo. A entidade informou da nova cun breve comunicado ás 13.20 horas.

Luismi afrontará, desta forma, a terceira temporada como responsable da escadra de Pasarón. 

Ata agora, o técnico conseguíu a permanencia no seu primeiro exercicio e estivo a piques de metelo no play-off na campaña que vén de finalizar.

A partir de agora, o club concéntrase na configuración do plantel do próximo curso, coa filosofía de dar continuidade á estrutura desta campaña

Comentarios