O Pontevedra confirma a fichaxe de Pol Bueso

O central de 34 anos chega desde o Hércules 

O Pontevedra xa ten ao central que buscaba. Trátase de Pol Bueso, futbolista castellonenco de 34 anos que procede do Hércules de Alacante, onde militou as últimas tres tempadas. No curso que acaba de finalizar, o central apenas tivo protagonismo: disputou dez partidos.

A media mañá, o club anunciaba nun comunicado a incorporación do defensor, segunda este verán tras a contratación do mediocampista Sana N'Diaye.

Como anuncia este medio este mércores, a intención do PCF pasa por dotar de estabilidade á defensa e, por iso, Bueso chega cun contrato que o unirá ao conxunto granate durante as dúas próximas tempadas.

Coas chegadas de Sana e Bueso, ao equipo pontevedrés tan só lle queda unha ficha para maiores de 23 anos libre, destinada para a contratación dun dianteiro.

Comentarios