O Pontevedra confirma a súa primeira fichaxe: Sana N'Diaye

Será o substituto de Kevin Presa

Sana N'Diaye
photo_camera Sa N'Diaye

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten substituto para Kevin Presa. Trátase do mediocentro senegalés, Sana N'Diaye, de 26 anos e que chega procedente da Balompédica Linense do Grupo IV de Segunda B. No equipo andaluz foi indiscutible nas dúas últimas tempadas.

Con esta incorporación, o Pontevedra cobre unha das últimas tres fichas para maiores de 23 anos que quedaban libres. As outras dúas, en principio, están destinadas para un central e un dianteiro.

Comentarios