domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

Pontevedra e o mundo do rally despiden a Víctor Magariños

RoboCopy uneral Victor Magarinos_ piloto_ Iglesia San Miguel de Marcon_
Funeral por Víctor Magariños. DAVID FREIRE

Pontevedra, Marcón e o mundo do motor despediron este domingo a Víctor Magariños no funeral pola súa memoria que se celebrou na igrexa de San Miguel de Marcón, parroquia da que era oriúndo o piloto.

A masiva presenza de veciños e amigos no acto relixioso dan idea da magnitude do aprecio cara a Magariños, que perdeu a vida o pasado sábado nunha colisión co seu vehículo cando realizaba o recoñecemento do Rally de Pontevedra.

O pontevedrés foi coñecido como un referente no mundo do motor na comarca, apreciado polos valores que transmitiu na práctica do deporte. O seu legado, como a súa memoria, pervivirán para sempre. DEP. 

Pontevedra e o mundo do rally despiden a Víctor Magariños
ç