O pontevedrés Pablo Dapena consegue proclamarse campión do mundo de tríatlon de longa distancia cun tempo de cinco horas, 19 minutos e 35 segundos.
O deportista protagonizou unha remontada incrible no tramo a pé tras baixarse terceiro do sector de bicicleta, moi preto do segundo clasificado. Conseguiu remontar antes dos doce quilómetros ao suízo Wild que lideraba a proba.
Tras un pulso entre ambos durante varios quilómetros, Dapena realizou un cambio de ritmo que lle valeu para lograr unha vantaxe na liña de meta de preto de tres minutos.
Dapena consegue así quitarse a espiña do último Mundial en Canadá, no que fora descualificado