A Praza da Ferrería volve saltar grazas á Sociedade Ximnástica

O club celebrou a sexta edición do 'Saltar na Rúa', que recuperou o seu escenario habitual para dar unha exhibición de salto de lonxitude, triplo salto e pértega en plena cidade
A Praza da Ferrería disfrutou dunha xornada de élite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA - Saltar na Rúa
photo_camera A Praza da Ferrería disfrutou dunha xornada de élite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Saltar na Rúa volveu atraer este sábado a expectación dos pontevedreses no seu lugar habitual, a Praza da Ferrería, tras dous anos nos que tivera que celebrarse na Ponte do Burgo a causa da pandemia. A sexta edición do evento organizado pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra fixo o seu retorno á normalidade cunha exhibición de atletas de alto nivel nas modalidades de salto de lonxitude, triplo salto e pértega.

Alí xuntáronse 24 deportistas, coa presencia de campións galegos en cada unha das modalidades. Para Santi Ferrer, adestrador da Ximnástica, o crecemento do evento fixo posible un dos mellores carteis da súa historia. Todos os atletas dispuxeron de tres oportunidades para dar o seu mellor salto durante a hora e media que durou a actividade, na que estiveron moi presentes a música e os vítores do público.

A Praza da Ferrería disfrutou dunha xornada de élite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA - Saltar na Rúa
JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O espectáculo deportivo abriu con salto de lonxitude, proba na que estivo Jean Marie Okutu, olímpico en 2016 e dez veces campión de España. Ademais, tamén participaron Andrea Villaverde, Noa Currás, Matías Moldes, Valeria González, David Ferrer, Eva Queimaño e Juan Piñeiro.

Logo foi a quenda do triplo salto, na que estiveron Tania Valverde, Xoel Otero, Marina Pérez, Raúl Cortizo, Ariadna Gil, Alfonso Palomanes, Uxía Paz e Anxo Blanco.

A Praza da Ferrería disfrutou dunha xornada de élite. JOSÉ LUIZ OUBIÑA - Saltar na Rúa
JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Por último, o evento rematou cunha exhibición de salto de pértega. Os atletas participantes nesta proba foron Marina Pérez, Manuela Blanco, Nerea Fernández, Lola Bouza, Alejandro Villaverde, Santi Ferrer, Aitor Fernández e Tomás López.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios