Quique Domínguez non seguirá no Atlético Novás

O adestrador rexeitou a oferta de renovación
Quique Domínguez, técnico del Atlético Novas. JAVIER CERVERA
photo_camera Quique Domínguez, técnico do Atlético Novas. JAVIER CERVERA

Quique Domínguez non continuará a tempada 2020-21 como adestrador do Acanor Atlético Novás, logo de rexeitar a súa oferta de renovación, informaron ambas as partes a través dun comunicado de prensa.

“O ata agora adestrador do primeiro equipo, un dos artífices da sensacional tempada realizada ata o parón obrigado polo covid-19, rexeitou a proposta de renovación do club para aproveitar unha oportunidade que non podía deixar pasar”, destaca o Atlético Novás.

O adestrador pontevedrés di marcharse “con moita pena” pero tamén “enormemente agradecido” polo trato recibido neste tempo en O Rosal, e non quixo desvelar o nome do seu futuro club: “No seu momento saberase”.

O Atlético Novás, que loitaba por entrar na fase de ascenso á liga Sacyr Asobal, informou de que xa traballa na procura do seu substituto. 

Comentarios