O Rally Rías Baixas regresa en 2018 e recala en Vigo

A última edición da cita, a número 51, celebrouse no ano 2015, e este 2018 regresará os días 11 e 12 de maio

Un vehículo participante en una edición do Rally Rías. ADP
photo_camera Un vehículo participante nunha edición do Rally Rías Baixas. ADP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse con responsables da Federación Galega de Automobilismo para acordar a presenza en Vigo do Rally Rías Baixas. A última edición da cita, a número 51, celebrouse no ano 2015, e este 2018 regresará os días 11 e 12 de maio.

Caballero concretou, en declaracións aos medios de comunicación, que a zona de 'boxes' establecerase, "seguramente", en Samil, mentres que cale Príncipe converterase no punto de saída. O evento formará parte do Campionato Galego e contará cunha participación estimada duns 150 vehículos.

Durante a reunión tamén se abordou a recuperación "nun futuro", e de cara a próximas edicións, do tramo urbano de subida ao monte do Castro.

Comentarios