O Ravachol ficha a unha estrela do bádminton nacional

2020081413404841173
photo_camera Ania Setién co equipamento do Ravachol. CEDIDA

O Club Bádminton Ravachol fixo oficial a súa fichaxe máis importante da tempada. Trátase de Ania Setién, campioa de España en catro ocasións e que chega ao primeiro equipo en calidade de cedida.

O persoal do club pontevedrés fortalécese notablemente coa chegada dunha xogadora que, con tan só 17 anos, xa compartiu selección nacional con figuras tan relevantes do bádminton feminino como Carolina Marín.

Actualmente, Ania ocupa a primeira posición do Ranking Europeo de individual feminino e de dobres femininos junior; a nivel mundial, ocupa a praza 22 de dobres e 35 de individual, cun altísimo nivel. Ania compaxinará as súas citas internacionais coa liga de División de Honra.

O club tamén fixo oficial a baixa de Amaia Torralba e as renovacións de Pablo Sanmartín e Miguel Sanluis, deixando case pechada o persoal masculino, aínda que traballa nunha posible fichaxe de última hora.

Comentarios