Unha reforma case ao completo nas filas do Pontevedra CF

► Durante este mercado, o conxunto granate ha realizado un total de oito fichaxes para suplir as doce baixas que hai desde o curso pasado
► A dirección deportiva ten, a priori, cuberta a portería e o centro do campo, pero necesita un extremo, un lateral e un central
2020082012494798604
photo_camera Rufo é un dos nove xogadores que continuarán esta tempada con respecto á pasada campaña. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O cambio radical no vestiario do PCF é cada día máis evidente. O último en abandonar o conxunto granate foi Bustos que, tras moitas idas e vindas, decantouse por continuar a súa carreira no Racing de Santander, deixando o extremo izquiero espido e, polo tanto, obrigando á dirección deportiva a buscar un substituto.

Durante este mercado o bloque granate realizou un total de oito incorporacións para intentar suplir a ausencia das 12 baixas existentes con respecto ao curso anterior. Ata o momento a portería e o centro do campo son os únicos postos que, a priori, parecen estar completos. Polo menos en canto a necesidades.

Por outro lado, tanto na dianteira como nos extremos, sen esquecerse do eixo da defensa, o bloque granate busca novas incorporacións que completen un persoal competitivo, algo demandado entre a afección de Pasarón.


Portería

Tras a baixa Brian Xaén e a, máis que soada, despedida de Edu Sousa; o PCF púxose ao choio para cubrir estas dúas ausencias. Rapidamente o conxunto da Boa Vila anunciou aos novos donos da portería de Pasarón. En primeiro lugar anunciouse a Mario Fernández que, a priori, chega como substituto de Sousa debido á súa ampla experiencia en Segunda e Segunda B e, tras el, Álvaro Cortés que a pesar da súa mocidade chega para disputarlle o posto a Mario Fernández.


Defensa

Polo momento Victor Vázquez e Pol Bueso son os únicos centrais cos que conta Jesús Ramos, polo que o Pontevedra atópase en busca dun terceiro xogador que permita a rotación no eixo da defensa e que, tal e como anunciou este xornal, non será Cristian Pérez.

No lateral esquerdo o bloque granate ten a Eneko Zabaleta e Álvaro Naveira. Este úlitmo non tivo moito peso o pasado curso e por iso é posible que o PCF estea a buscar a outro xogador para a posición. Os rumores apuntaron hai semanas a unha posible volta de David Castro ao a Boa Vila.

No outro lateral, tras a marcha de Nacho López, chego Aitor Núñez que, xunto co canteirán Santi Figueroa deixan cuberto o flanco dereito.


Centro do campo

A sala de máquinas granate está, a priori, cuberta tras confirmarse a continuidade de Adrián Cruz e Romay do curso pasado.

Aos dous xogadores uníronselle neste mercado estival Imanol García, procedente do Córdoba e unha das pezas cobizadas da categoría; e Borja Martínez que o pasado ano xogou no Xetafe B e que a pesar da súa mocidade ten experiencia na categoría e foi un habitual nas convocatorias da selección española sub-19.


Extremos

Tras a marcha de Álvaro Bustos, Roberto Feáns atópase en plena procura dun xogador que acompañe a Álex González no lado esquerdo. Con forza soou o nome de Jorge Fernández para esta posición a quen o bloque granate botoulle o ollo e que, agora mesmo, atópase sen equipo tras abandonar o Calahorra.

Mentres no outro extremo do campo, Jesús Ramos ten o carril dereito cuberto tras as incorporacións de Oier Calvillo, procedente do Osasuna Promesas; e Óscar Fernández, un extremo que a priori chega cun pouco de desvantaxe sobre o guipuzcuano.


Dianteira

Rufo e Charles conforman a que seguramente sexa unha das dianteiras máis temidas da categoría de bronce. Coa continuidade do madrileño e a chegada do brasileiro, o bloque granate deixa claras as súas intencións de loitar pola excelencia.

Con todo, tras a marcha de Rivera e Adighibe, a dirección deportiva do club atópase buscando un terceiro xogador que acompañe aos dúas dianteiros estrela do equipo, xa que a zona atópase un pouco deserta a pesar dos dous grandes nomes que ten o club da Boa Vila.

Comentarios